Banda de música  "A unión de guláns"

 
 

Alicia Porto Fernández nace no ano 1972 en Guláns (Ponteareas) no seo dunha familia de longa tradición musical.


Ós  oito anos de idade comeza os seus estudios musicais na escola da banda de música Unión de Guláns, entrando a formar parte dela ós 10 anos. Ó  ano seguinte inicia os estudios de clarinete no  Conservatorio profesional de Vigo. Continnnúa con estes estudios en dito conservatorio ata que comeza a súa formación universitaria na especialidade de bioloxía trasladándose a Santiago onde pernmanece ata finalizar ambas carreiras. Neste periodo faise cargo da escola de música da Unión de Guláns así coma da subdirección da  citada Banda, onde terá como maestro de excepción a D. Hipólito Fernández.


Amplía os seus coñecementos de armonía, formas musicais e contrapunto co mestre Sergio Álvarez.  Asiste tamén a diversos cursos de clarinete e de dirección de banda con mestres coma o Holandés Jon Cober  ou Javier Viceiro.


Dirixiu a Nova Lira de Monterroso, así como a escola de música asociada a esta última.  Forrma parte como clarinetista da banda da Ferderación Galega de Bandas de Música.


Na actualidade e a directora da Banda de Música Unión de Guláns e da escola de música Unión de Guláns que actualmente está constituida por 80 alumnos

 

ALICIA PORTO FERNÁNDEZ

"A unión"

Unha banda con historia