Alicia
Porto nace en Guláns (1972). Ós oito anos comeza os
estudios de solfexo na Escola de Música que a Banda de Música
"Unión de Guláns" mantén dende fai
máis de cen anos. O mesmo tempo matriculase no Conservatorio
de Música Reveriano Soutullo de Ponteareas, daquela filial
do Conservatorio Superior de Vigo.
Coa idade de
dez anos entra a formar parte activa na banda de música tocando
o requinto, seguindo cos seus estudios no conservatorio e na escola
da banda. O rematar cuarto curso de solfexo trasladase o Conservatorio
Superior de Vigo para continualos estudios de solfexo, clarinete e
piano. No ano 1992 e por decisión dos compoñentes da
banda ocupa a praza de subdirectora xunto con Hipólito Fernández
(director titular), seguindo con esta faceta ata a actualidade.
En 1997 trasladase
a Santiago para rematalos estudios de Bioloxía que comezara
na Universidade de Vigo. Nesa etapa compaxina os estudios universitarios
coa música ademais de impartir clases de clarinete e solfexo
no seo da escola de musica da "Unión de Guláns".
Unha vez remata
os estudios de Bioloxía regresará a Guláns para
dedicarse por completo a música, asumindo cada vez máis
responsabilidades nas tarefas de dirección.
Actuou como directora
invitada na presentación da obra "Raíces Gulansesas",
do compositor D. Rogelio Groba, pola banda de Musica Municipal da
Coruña.
Asistiu os cursos
de clarinete impartidos pola federación de Bandas de Musica
Populares de Galicia entre outros, a clases con Hipólito Fernández,
ademais de asistir en calidade de oínte a cursos de trompeta
(Vicente Simeón), de saxofón (Pablo Coello)...
Actualmente recibe
clases de harmonía e contrapunto impartidas por Sergio Álvarez
Vázquez profesor Conservatorio Superior de Vigo así
como dos conservatorios de Redondela e Ponteareas. Tamén forma
parte, como clarinetista, da Banda de Música da Federación
Galega de Bandas de Música de Galicia.