En 1870, en Guláns,
aldea da vila de Ponteareas, provincia de Pontevedra, nace a banda
de música "UNION DE GULÁNS", unha das máis
antigas de Galicia.
O seu fundador e primeiro director foi D. José Carracedo Dominguez.
Por tradición familiar o seu fillo Constante e despóis
o seu neto José, sucedérono coma directores, mantendo
así viva esta agrupación musical ata o ano 1947.
Da escola de música da "UNION
DE GULÁNS" así como da participación na
banda, xurdiron recoñecidos músicos, tanto a nivel instrumentista
como directores e compositores. A xeito de exemplo podemos citar a
D. Rogelio Groba Groba, director da "UNION DE GULANS" de
1947 a 1952 e posteriormente director da Banda de Música Municipal
de A Coruña durante máis de vinte anos, sendo o mesmo
tempo director do Conservatorio de Música da mesma cidade,
consagrándose neste período como compositor de renome
internacional.
Igualmente importantes despóis
de 1952 e ata 1959, foron as participacións na banda como directores
de D. Miguel Groba Groba e D. Indalecio Fernández. 0 primeiro
é actualmente director do Coro e Orquesta de Cámara
da Comunidade de Madrid e profesor do Real Conservatorio de Música
desa cidade. 0 segundo foi director de Banda de Música da cidade
de Lugo, sendo actualmente e sucedendo a D. Rogelio Groba, director
da Banda de Música Municipal de A Coruña.
A esta serie de directores gulanseses
seguéronlle a partires de 1959 os foráneos D. Antonio
Baquero, D. Francisco Rodríguez, D. José Fariñas
e D. Rogelio Loureda, para en 1968 facerse cargo da batuta novamente
outro discipulo da banda e gulansés: D. José Carracedo
Pousada (bisneto do fundador), sendo baixo a súa dirección
a "UNION DE GULÁNS" galardonada no concurso de bandas
populares da cidade de Ourense en 1971 . En 1972 e por mor do traslado
de D. José Carracedo o Real Conservatorio de Música
de Madrid, sucédeo no cargo novamente outro foráneo:
D. Javier Basoco, seguido de D. Plácido Lorenzo, D. José
Aradas, D. Alfonso Méndez, D. José Guillén e
D. José Oro-Val, ata fináis de 1982.
No ano 1982 asume a dirección
da banda outro xove do lugar, D. José Fernández Prego,
que coma tódolos gulanseses anteriores é froito da formación
musical que a agrupación mantén regularmente dende fai
máis de cen anos. E así, chega a banda a fináis
do 1991 no que de novo é necesario recurir a outro foráneo,
neste caso o recoñecido músico Ourensán D. Hipólito
Fernández Fernández, persoa que polos seus coñecementos,
sensibilidade e entusiasmo constante conseguiu imprimir á "UNION
DE GULÁNS" unha nova dinámica, elevando o nivel
artístico-musical da mesma a tal punto, que zecais nestes intres,
sexa o mellor de toda a súa historia.
Durante estes últimos anos
ven alternando a batuta con D. Hipólito Fernández Fernández,
a xove promesa Srta. Alicia Porto, gulansesa e que como todos os seus
conveciños que pasaron pola banda, xurde ela tamén da
escola continua que a "UNION DE GULÁNS" desenvolve.
A "UNION DE GULÁNS",
está constituida por 50 compoñentes na súa grande
maioría xoves que ademáis de participar na escola da
banda, estudian cursos profesionáis de música e é
de significar que máis de 90% dos participantes na mesma son
naturais e veciños de Guláns. A banda interpreta os
máis diversos xéneros musicáis tales como: clásica,
zarzuela, lixeira, típica galega...
A media anual de actuacións
da "UNION DE GULANS" é de 60 espectáculos,
distribuídos entre concertos, actos culturáis, recreativos,
festas populares,... na súa maioría en Galicia. Destacamos
como máis significativas as seguintes actuacións e participacións:
" 1979.- Grabación dun
L.P
" 1985.- Participación na película "La Hora
Brujá".
" 1986.- Inauguración do audítorio "Reveriano
Soutullo".
" 1989.- Participación no programa da TVG " 0 Son
dun Pobo".
" 1991.- Actuación no colexio "San Agustín"
de Salamanca.
" 1992.- Participacións nas festas "Brueguel"
da cidade de Bruselas.
" 1993.- Participación no programa "Luar" da
TVG.
" 1994.- Participación no programa "Galicia Enteirá'
da TVG e actuación no programa "Desde Galicia para o mundo"
de TVE.
" 1997.- Incripción da escola de música no Rexistro
Oficial de Escolas de Música da Xunta de Galicia.
" 1998.- Última grabación da agrupación,
e edición en cinta casete.
" Participación anual nos festivais de bandas que se levan
a cabo en Ponteareas, entre outros.