Mª Jose Cerviño Perez - Profesora de Piano 

Previous


Profesora titulada superior de piano. Comenza os sus estudos de piano en Santiago de Compostela coa Profesora Rosa López Comunión, continuando a súa aprendizaxe en Madrid coa profesora Julia Díaz Yañez  No ano 1989 desprázase a Polonia donde estudia cos profesores. B. Kawala da Academia Ferderico Chopin de Varsovia, Anita Krochmalska na Academia de Música de Lodz e con K. Mochtak. Durante os anos de estancia en Polonia ofrece diversos concertos nas cidades de Lodz, Cracovia e Varsovia. Á súa volta a Santiago perfecciona os seus estudos coa profesora Lidia Stratulat. Estudia órgano co organista Bruno Forst.

Foi profesora de Historia da Música en diferentes centros de ensino secundario na cidade de Santiago de Compostela así como profesora de piano en distintos centros de  Madrid. 

Así mesmo foi fundadora e directora da Escola Municipal de Música de Portosín e profesora de piano do Conservatorio Profesional de Noia durante máis de vinte anos.

Formou parte da directiva da Asociación Musical Schubertiada como membro fundador encargándose da organización dos diferentes cursos da devandita asociación. 

Como presidenta da Asociación Musical Berenguela desenvolveu a labor de organización de muy diversos cursos musicales de proxección autonómica e nacional destacando a dinamización do órgano en Santiago organizando actividades didácticas co organista Bruno Forst así como o festival de órgano Compostela Organum Festival, patrocinado polo Consorcio da Cidade de Santiago.

É directora da Escola de Música Berenguela dende a súa fundación en 1995 e profesora de piano. É tamén organista da Capela da Igrexa das Animas e forma dúo estable coa soprano Rosa Vázquez e o contratenor Ramón Vázquez

© 2023 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados