Marcos Cerviño - Profesor de Piano


Nacido en 1963 en Santiago de Compostela, cidade na que comenza os seus estudios musicais ós tres anos con Rosa López Comunión. Continúa os seus estudios pianísticos nos Conservatorios de Madrid, León e Santiago de Compostela, onde obtén o Título Superior de profesor de piano. No 1985-86 reside en Madrid onde estudia cos profesores Julia Díaz e Javier Ríos. Durante os anos 1987-88, becado polo Ministerio de Asuntos Exteriores viaxa a Polonia para continuar a súa formación na Academia de Música de Cracovia co profesor Marek Koziak. No 1990 trasládase a Varsovia onde recibe clases do profesor Mochtak. Traballou tamén a súa técnica pianística co mestre cubán Cecilio Tieles e co profesor Alexander Gold. Foi profesor de piano na Aula de Música do Colegio La Milagrosa de Santiago e na Asociación Musical de Aguiño (Ribeira). Dende 1997 traballa como profesor de piano e solfeo na Escola de Música Berenguela.

© 2020 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados