Nado en Pontevedra, Álvaro M. Beiró Rodríguez comeza os seus estudos de guitarra no conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra. Durante os anos de grao elemental e profesional estuda con profesores como Isabel Rey, Carlos Villarino, AgustínLage, Oswaldo Oro e Esteban Fragas. Comeza os estudos de grao superior no ano 2014 no conservatorio de Oviedo e paralelamente asiste a clases con Rubén Abel Pazos. En 2018 remata ditos estudos no conservatorio de A Coruña baixo a docencia de Ramón Carnota.
No ano 2019 remata o Máster de Profesorado de Educación Secundaria da Universidade de Santiago de Compostela e a partir de entón traballa como docente en diversos centros de educación secundaria, conservatorios e escolas de música. Completou a súa formación con cursos de Enrique Solinís, Anne Landa, ÀlexGarrobé e MichalisKontaxakis.
A súa paixón pola música lévao a interpretar tanto en solitario como en diferentes agrupacións, destacando o dúo coa cellista VeronikaMünstermann durante o ano 2017. Nese mesmo ano obtén o primeiro premio na categoría de traballo musical na I Edición dos Premios Provinciais á Xuventude. Actualmente é membro da banda Capital Voskov.