Fisión Atlántica Ensemble

Vangarda e tradición

Un ensemble galego que pon a música dos grandes compositores europeos a dialogar, nota a nota, cos alalás, as muiñeiras e as danzas de reis da tradición popular galega.

O ensemble cos seus instrumentos nun prado de montaña dos Ancares

Quen somos

Onde Europa atopa Galicia

O Fisión Atlántica Ensemble nace da experiencia dos seus intérpretes, todos eles profesionais con longa traxectoria e moitos deles nas orquestras de Galicia. Os compositores máis importantes da historia da música teñen cabida aquí. As nosas músicas tamén.

A literatura e a música van da man neste ensemble, onde a fidelidade aos textos é a nosa seña de identidade. Cada proxecto nace dun libro-disco: un compositor europeo, un escritor galego e as músicas populares da nosa terra, compartindo o mesmo pentagrama.

Despois da fermosa e exitosa experiencia de Mozart á Galega, da man de Fina Casalderrey, e do segundo traballo sobre a figura de Franz Joseph Haydn, escrito por Suso de Toro, chegou en 2025 o terceiro proxecto, da man de Xesús Fraga e J. S. Bach nos Ancares, e xa se prepara o cuarto, con Beethoven no Condado e Manuel Rivas.

Os intérpretes

O Ensemble

Nove intérpretes, catro proxectos, unha soa idea: que a música clásica e a tradición galega falen a mesma lingua.

I

Primeiro libro-disco · 2021

Mozart á Galega

«O xenio da Cidade do Sal»

Gravado na igrexa de San Pedro Fiz do Hospital (O Incio) en xuño de 2021 e interpretado cunha frauta de madeira de finais do século XIX, este disco reúne catro cuartetos de W. A. Mozart para frauta e trío de cordas xunto con catro pezas tradicionais galegas —entre elas o «Alalá das Mariñas» e «Teño un amor en Rianxo»— nos arranxos de Alfonso Morán, e pecha cunha versión de «Alfonsina y el mar» en memoria das vítimas da pandemia.

IntérpretesLuis Soto (frauta), David García (violín), Ioana Ciobotaru (viola) e Millán Abeledo (violonchelo).

Audicións do disco

Catro pistas de «Mozart á Galega» para escoitar aquí mesmo.

  1. 1 Teño un amor en RianxoTradicional · arr. Alfonso Morán 0:42
  2. 2 KV 285a · Tempo di Menuetto→ Teño un amor en Rianxo 1:47
  3. 3 KV 285 · AdagioW. A. Mozart 2:20
  4. 4 KV 285 · Rondeau→ A saia da Carolina 1:03

Vídeo «Mozart á galega»

A música do disco coas imaxes do proxecto, en galego e castelán (5:48).

Descargar o vídeo
Álbum de fotos · 14 fotos
II

Segundo libro-disco · 2023–2024

Haydn en Guláns

«O segredo de Joseph Haydn»

Gravado na igrexa parroquial de Guláns (Ponteareas) en xaneiro de 2023, o disco combina catro cuartetos op. 5 de Franz Joseph Haydn para frauta e trío de cordas coas Danzas de Reis de Guláns, un rancho de reis documentado xa a finais do século XVIII no bispado de Tui, cos seus cantos, a danza do pau, a danza de arquiños e a danza das castañolas.

IntérpretesLuis Soto (frauta), Nikolay Velikov (violín), Ioana Ciobotaru (viola) e Álvaro Quintanilla (violonchelo), co Coro do Rancho de Reis de Guláns.

III

Terceiro libro-disco · 2025

Bach na Palloza

«J. S. Bach e Xesús Fraga nos Ancares»

O 7 de xuño de 2025, na palloza-museo Casa do Sesto de Piornedo (Os Ancares, Lugo), o ensemble gravou e interpretou en directo un programa que pon cara a cara a Bach e os alalás dos Ancares: o tema das Variacións Goldberg BWV 988, as trío sonatas BWV 1038 e 1039, a Chacona da Partita BWV 1004 e a Sonata BWV 1035, entrelazadas con pezas como «Alondoira», «¿Como che vai miña rosa?», «O cantar das Ferreñas» e a «Muiñeira de Riocereixa», en arranxos de Álex Salgueiro.

IntérpretesLuis Soto (frauta), Ludwig Dürichen (violín), Álex Salgueiro (fagot) e Javier López Jorge (clave).

As músicas dos Ancares

Nas serras dos Ancares, onde o vento baila entre os carballos, a música tradicional galega ergue o seu canto. Que pasaría se, entre esas melodías ancestrais, se colase a harmonía precisa de Johann Sebastian Bach? A frauta, o violín, o fagot e o clave dialogan cos alalás e as muiñeiras, e a fuga entrelázase coa espontaneidade popular nunha peza única onde o clásico e o tradicional se abrazan sen fronteiras.

Vimeo

«J. S. Bach e Xesús Fraga nos Ancares»

Ver o vídeo completo en Vimeo
Álbum de fotos · 7 fotos
IV

Cuarto libro-disco · en preparación

Beethoven no Condado

Gravación prevista xunto á Pedra de Beethoven, en Cans

O cuarto libro-disco do ensemble une un repertorio escollido de música de cámara de Beethoven —para frauta, violín, viola, fagot e piano— con cantos tradicionais do Condado, a Louriña e o Baixo Miño. Está previsto gravalo xunto á pedra da aldea de Cans (O Porriño, Pontevedra), cuxa silueta evoca a propia figura do compositor.

IntérpretesLuis Soto (frauta), Ludwig Dürichen (violín), Ioana Ciobotaru (viola), Álex Salgueiro (fagot) e Javier López Jorge (piano).

Beethoven e Galicia

Beethoven preséntase aquí como figura universal, cuxa música transcende o tempo e as fronteiras e dialoga coa tradición oral galega. Gravar xunto á súa figura na pedra de Cans non é só un xesto simbólico, senón unha reivindicación da capacidade do rural galego para ser espazo de creación artística contemporánea: unha mestizaxe cultural onde o local e o universal se miran de fronte sen perder a raíz.

Programa previsto

  1. 01Sonata para piano n.º 8 en do menor, op. 13 «Patética» — II. Adagio cantabile
  2. 02Sonata para frauta e piano en si bemol maior, Anh. 4 (atribuída)
  3. 03Trío para piano, frauta e fagot, WoO 37
  4. 04Serenata para frauta, violín e viola, op. 25
  5. 05Für Elise, para frauta e piano
  6. 06Variacións sobre «Là ci darem la mano», WoO 28
  7. 07Dúo para dúas frautas, WoO 26
  8. 08Sonata para violín e piano «Primavera», op. 24

Cuarto proxecto de Fisión Atlántica Ensemble e Edicións Xerais, actualmente á procura de apoio institucional para a súa gravación e publicación.

Álbum de fotos · 3 fotos

Na aula

Unidades didácticas

Catro libros-disco, catro propostas para levar a música á aula: flashcards, audicións, actividades e materiais para imprimir.

Vídeo

Multimedia

Concertos, ensaios e as pezas que dan vida a cada proxecto.

Discografía

Escóitanos

Os tres discos do ensemble, para escoitar aquí mesmo ou na túa plataforma favorita.

Primeiro libro-disco · 2021

Mozart á Galega

Segundo libro-disco · 2023–2024

Haydn en Guláns

Terceiro libro-disco · 2025

Bach na Palloza

Contacto

Contacto e contratación

Para concertos, cesións de dereitos ou calquera consulta sobre os proxectos do ensemble.

luisoto@gulans.com
Dirección artísticaLuis Soto