David Garrido Oboe

◀︎◀︎

DSC_9506

Comeza os seus estudos de óboe no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde os remata no ano 2001.

Paralelamente pertence como alumno á Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e á Aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares. Asimesmo formou parte da Orquestra Clásica de Vigo e da Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia. Neste período asiste a clases de óboe con Ana Ruiz, Christina Dominik e Eduardo Martínez, entre outros.

Ó rematar os seus estudos no conservatorio trasládase a Granada para perfeccionarse co profesor Eduardo Martínez e alí forma parte tamén da Joven Academia da OCG. Amplía os seus coñecementos con profesores como Salvador Mir, Juan Ferriol, Emanuel Abbühl, Hansjörg Schellemberger, Thomas Indermühle ou Jean Louis Capezzali, entre outros. Colabora con asiduidade coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquesta Ciudad de Granada, a Orquesta Ciudad de Almería, a Orquesta de Cámara da Sinfónica de Galicia, a Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias ou a Orquesta Filarmónica de Gran Canaria.

Tamén foi membro dos grupos de cámara Trío Donax e Quinteto Nono.

No ano 2003 aproba a oposición para profesorado de conservatorios da Xunta de Galicia e queda destinado como profesor de óboe no Conservatorio Profesional de Música de Lugo. Actualmente e dende o ano 2008 é profesor de óboe no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, ademais de colaborar co Taller Atlántico Contemporáneo.


◀︎◀︎