Luis Soto - Frautas

◀︎◀︎

8383

Cando contaba con oito anos de idade, o seu pai fíxolle unha frauta dun tubo de plástico ,da cañería da traida de augas, coa que deu os primeiros sopros.

Na actualidade toca unha frauta Muramatsu de ouro de nove quilates.

Entre ámbalas dúas frautas Luis Soto ofreceu centos de concertos en todo o mundo, gravacións para a radio, tv e cd, e impartíu cursos de formación e perfeccionamento a xóvenes de tódalas idades.

Entre os seus mestres destacan: Antonio Arias en Madrid, Pierre Dumail e Hubert de Villele en París e J.C.Gerard e Aurele Nicolet en Alemaña.

En París gaña o primeiro premio do concurso Pierre Nerini e o Segundo premio no Lucien Wumser.

Xunto co guitarrista Carles Trepat grava a integral de Joaquín Rodrigo para o selo EMI Clasic.

Desenvolve xunto a Diego García (piano) o proxecto GALICIA XXI no que interpretan o repertorio galego para estes dous instrumentos.

É membro fundador e responsable do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC).

Na actualidade ocupa o posto de Frauta-Frautín na Real Filharmonía de Galicia onde tocou baixo as batutas de decenas de directores de gran prestixio asi como con solistas de renome internacional.

Natural de Guláns, Ponteareas, gosta moito do mar, das nécoras e andar en bicicleta.


Web: gulans.com


◀︎◀︎