Máis performances

◀︎◀︎

MUSICIRCUS NA CIDADE DA CULTURA

John Cage

Este ano 2012 cúmprense 100 anos do nacemento, o 5 de setembro de 1912, do compositor norteamericano John Cage, unha das figuras máis importantes e influentes na cultura do século XX e, posiblemente tamén, unha das figuras menos comprendidas. O TAC quere pechar este segundo ciclo de Seráns cun gran circo musical galego na Cidade da Cultura. 


O Musicircus é un evento multidisciplinar de actuacións independentes de xeito simultáneo, presentado normalmente en espazos non habituais de concertos. Cage quixo plasmar en música as súas ideas sobre a anarquía. O Musicircus é unha obra anti-autoritaria, ata tal medida que non escribiu partitura. Non está nada prescrito sobre que participantes poden tomar parte, nin sobre a duración, nin coordinación ni a dirección. Non hai un centro (evento) dominante. No Musicircus non hai xerarquías. É unha invitación sen directrices: músicos de calquera ámbito son convidados a ocupar un certo espazo durante un certo tempo. O público terá a oportunidade de situar a súa atención ben nun evento individual ou ben na globalidade (ou en calquera punto intermedio).


O primeiro Musicircus foi organizado polo propio Cage en 1967 na Universidade de Illinois, nun espazo dedicado á exposición de gando. Dende entón foi utilizada en moitas ocasións para celebrar concertos restrospectivos da súa música. O TAC quere abrir unha convocatoria a través de internet para invitar a todos os músicos interesados a participar e facer unha festa musical na Cidade da Cultura.



Album de fotos do Musicircus

picture-1


Videos




MUSICIRCUS NA CIDADE DA CULTURA TALLER ATLÁNTICO CONTEMPORÁNEO
Luns 29 de outubro de 2012. 20 horas Edificio CINC


Director Artístico: Diego García Rodríguez
Presenta: Nicasio Gradaille
Restaurante Eirado da Leña


PARTICIPANTES
Alberte Oro Claro, Artista Plástico
Quim Fariña (violin), Manuel Amigo (gaita), Xavier Olite(baixo) e Santi Cribeiro (acordeon)
Siniestro Total
Zoar Ensemble, Quinteto de Vento Clásico
Pepe Solla Band
Quico Cadaval, Textos
Mónica de Nut, Voz e Elctrónica
Lilí Berlín (Blanca Cendán e Suso Alonso), Cabaret
Pablo CarpinteiroRosa Sánchez Beiroa, gaita e percusión do século XIX
Nazaret Canosa-Adrián Linares (Dos a Dos) Dúo de Violíns
Estela García Ballesteros. Pintora e Textos de Cage
Cecilia Blanco. Toy Piano. Radio, Percusión e Textos de Cage
Estíbaliz Espinosa. Poesía e Canto e Pulpiño Viascón (serrucho e zendrum
Isabel Gil- Leonardo Blanco. Violín e Piano
Coro da Ra
Non ou Edicións, Poesía e Palabra Manipulada
Oscar Pereiro. Ciclista-Músico
Saúl Canosa. Clarinete
Nicasio Gradaille. Toy Piano, radio, percusión
José Vicente Faus. Radio e Percusión
Diego García. Radio e Percusión 
Luis Soto. Frauta barroca
Too Drunk to Drive. Grupo de Rock
Ezequiel Mosquera. Ciclista-músico
Marcos Pin-Pablo Seoane. Guitarra e piano (jazz)
Tono Arias. Fotografía
Ioana Ciobotaru. Viola
Carlos Méndez-Alfonso Morán-Oriol Xicart. Trío de Contrabaixos. 
Cesar Morán. Voz e Guitarra
Xosé Manuel Oliveira. Ciclista-msico
Carlos Gil Fandiño. Guitarra Eléctrica


◀︎◀︎