Os Seráns na Cidade da Cultura (II) 2012


◀︎◀︎

OS SERÁNS DO TAC NA CIDADE DA CULTURA     2012

Taller Atlántico Contemporáneo presenta a segunda edición dos Seráns do TAC na CdC. Mantendo o formato humor-música-gastronomía, o TAC pretende consolidar este proxecto na programación cultural da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela coa idea de desenvolver, nun curto espazo de tempo, unha actividade que sitúe a esta cidade, esta institución e este ensemble no panorama internacional da música contemporánea.

Os Seráns do TAC é unha idea que implica a participación dunha grande parte do tecido cultural da nosa comunidade: estreas de obras de compositores galegos; actuación de solistas e intérpretes que desenvolven a súa actividade en Galicia; invitación a artistas internacionais para dirixir ou tocar obras dos nosos compositores, e así brindarlles unha importante proxección exterior; colaboración con artistas doutros eidos (teatro, audiovisual, danza); colaboración con profesionais de mundos alleos á música (nova cociña, moda galegas).

Cada concerto estará presentado por importantes persoalidades do mundo do teatro cun pequeno monólogo que establece pontes entre o humor e a música. Tralo concerto cinco importantes restaurantes ofrecerán aos asistentes unha tapa de cociña contemporánea a partir de productos da nosa xeografía, que favorecerá un momento de conversa así como de disfrute dos espazos que ofrece a Cidade da Cultura.


Dirección musical:

Diego García Rodríguez

Intérpretes:

Luis Soto, Frauta

David Villa, oboe

Saúl Canosa, clarinete

Álex Salgueiro, fagot

Alfredo Varela, trompa

Ramón Llatser, trompeta

Iago Ríos, trombón

Nicasio Gradaille, piano

J. Vicente Faus, percusións

James Dahlgren, violín

Michal Ryczel, violín

Nazaret Canosa, violín

Nicolay Velikov, violín

Ioana Ciobotaru, viola

Álvaro Marful, violonchelo

Carlos Méndez, contrabaixo

Alfonso Morán, contrabaixo


Solistas invitados:

Álex Salgueiro, fagot

Carmen Gurriarán, soprano

J. Miquel Ramón, barítono

José Antonio Campo. Tenor


Director invitado:

Paul Daniel

paul_daniel_wide-420x0


Presentadores:

carlosblanco2

Carlos Blanco

Quico Cadaval.

Julián Hernandez

foto-buena-llega-fuera-plazo

Implicadas no Desenvolvemento

Nicasio Gradaille


Restaurantes:

abastodous_reference

Abastos 2.0

Pepe Solla

pepe_solla

Eirado da Leña

picture-67

Culler de Pau

a culler de pau HDR 01

Yayo Daporta

2011_06_01_IMG_2011_06_01_223836_ar8


lg_implicadasdesenvolvemento_100X100


PROGRAMA  2012

CONCERTO 1 “A CONTRACORRENTE”    21 de Maio (luns)

Director: Diego García Rodríguez

Presentador: Carlos Blanco

Restaurante: Abastos 2.0 (Santiago de Compostela)

Edgard Varèse (1883-1965): Octandre 

Mauricio Kagel (1931-2008): Dix Marches pour rater la Victoire 

Alfred Schnitke (1934-1998): Serenade 

Michael Daugherty (1954): Dead Elvis. Fagot: Álex Salgueiro

O TAC quere abrir este 2º ciclo de Seráns cun concerto de autores que seguiron camiños moi persoais, difíciles de encadrar nas distintas correntes musicais xurdidas no transcurso das súas vidas e que deixaron unha gran pegada coa súa música, ademais de tratarse de obras cun compoñente performántico moi importante, non só para escoitar, senón tamén para ver.

Entre elas, o TAC asume o reto da interpretación dunha das obras claves na creación musical de E. Varèse, Octandre, dunha modernidade radical aínda nos nosos días, pasando pola ironía e a crítica de Kagel e Schnittke ou da integración da linguaxe do "rock" na creación contemporánea de Daugherty que, ademais, traerá sorpresa.



 CONCERTO 2 “EN TORNO A SCHOENBERG“    11 de Xuño  (luns)

Director: Diego García Rodríguez

Presentador: Julián Hernández

Restaurante: Pepe Solla (San Salvador de Poio, Pontevedra)

Arnold Schoenberg (1874-1951): Pierrot Lunaire (tres veces sete poemas de Pierrot Lunaire, de Albert Giraud). 

Soprano: Carmén Gurriarán

Gustav Mahler (1860-1911): Lieder eines fahrenden Gesellen (cacnións dun compañeiro de viaxe). 

Barítono: Josep Miquel Ramón

A figura de Arnold Schönberg dende dúas perspectivas. O Schönberg compositor visto a través dunha obra inspirada no mundo do cabaret berlinés e o Schönberg transcritor visto polo arranxo que fixo deste ciclo de cancións para voz e orquestra de Gustav Mahler. A voz será protagonista.

Cando celebramos os cen anos dunha obra cumio da creación do século XX (Pierrot Lunaire), parécenos oportuno levar esta obra ao atril para comprobar que ainda non deixa indiferente a ninguén.


Despois do éxito colleitado na pasada edición dos Seráns coa IV Sinfonía de G. Mahler queriamos agasallalos de novo cun dos máis fermosos ciclos de cancións que este irrepetible compositor nos legou.


 


CONCERTO III “SERÁN CAGE”     MUSICIRCUS    29 de Outubro  (luns)

Concerto para celebrar os 100 anos do necemento de John Cage

Director: Diego García Rodríguez

Presentador: Diego García/Nicasio Gradaille

Restaurante: Eirado da Leña (Pontevedra)

Descrición: este ano 2012 cúmprense 100 anos do necemento, o 5 de setembro de 1912, do compositor norteamericano John Cage, unha das figuras máis importantes e influintes na cultura do século XX e, posiblemente tamén, unha das figuras menos comprendidas. O TAC quere pechar este segundo ciclo de Seráns cun gran circo musical galego na cdc. 

O Musicircus consiste nun evento multidisciplinar de actuacións independentes de xeito simultáneo, presentado normalmente en espazos non habituais de concertos. Cage quixo plasmar en música as súas ideas sobre a anarquía. O Musicircus é unha obra anti-autoriataria, até tal medida que non escribiu partitura. Non está nada prescrito sobre que participantes poden tomar parte, nin sobre a duración, nin coordinación ni a dirección. Non hai un centro (evento) dominante. No Musicircus non hai xerarquías. É unha invitación sen directrices: músicos de calquera ámbito son invitados a ocupar un certo espazo durante un certo tempo. O público terá a oportunidade de situar a súa atención ben nun evento individual ou ben na globalidade (ou en calquera punto intermedio). O primeiro Musicircus foi organizado polo propio Cage en 1967 na Universidade de Illinois, nun espazo adicado á exposición de gando. Dende entonces converteuse foi utilizada en moitas ocasións para celebrar concertos restrospectivos da súa música. O TAC quere abrir unha convocatoria a través de internet para invitar a todos os músicos interesados a participar e facer unha festa musical na Cidade da Cultura




CONCERTO IV “CARTA BLANCA A PAUL DANIEL”     12 de Novembro (luns)

Paul Daniel dirixe o TAC

Presentador: Kiko Cadaval

Restaurante: Culler de Pau (O Grove)

Eduardo Soutullo  (1968): Movement. (Encargo TAC)

Harrison Birtwistle  (1934)  Secret Theatre

O TAC ten o pracer de recibir como director invitado a Paul Daniel, nun programa con música do seu compatriota Harrison Birtwistle, un dos compositores clave no actual panorama musical contemporáneo. 

Secret Theatre é unha peza fundamental no repertorio para grande ensemble, que supón todo un reto para os intérpretes, que deben interactuar entre eles creando un misterioso ritual musical.

Neste mesmo programa Paul Daniel interpretará a estrea absoluta dunha peza do compositor galego Eduardo Soutullo, resultado dun encargo do TAC. 





CONCERTO V “COMPOSITORAS ACTUAIS      25 de Novembro  (domingo) ás 12/h

Concerto en colaboración con "Implicadas no Desenvolvemento"

Director: Diego García Rodríguez

Presentador: “Implicadas

Restaurante: Yayo Daporta (Cambados)

Kaija Saariaho (1952): Dolce Tormento para Frautín solo 

Isabel Mundry (1963): D'où venons nous - Que sommes nous - Où allons nous 

Gloria Rodríguez Gil (1972): Fourth Filal

Tenor: José Antonio Campo

Raquel García-Tomás (1984): in:corporĕus (versión II)



IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO (www.implicadas.com) é unha  ONG galega fundada en 1998 para contribuir a cambiar o mundo dende o enfoque de xénero dende Galicia. O TAC (www.tac.gl ) naceu en 2010 para contribuir a cambiar a escea da música contemporánea tamén dende Galicia. Nesta colaboración o TAC presenta unha panorámica da creación feminina actual no eido da música contemporánea. 

Esta panorámica presenta obras recentes dunha compositora finlandesa, unha alemá, unha catalana e unha galega. 

Kaija Saariaho naceu en Finlandia en 1952. Estudou composición en Helsinki, Friburgo e París, onde ha viviu dende 1982. Os seus estudos e investigacións no IRCAM (Institut de Recherche et Coordination Acoustique/Musique) tiveron unha grande influencia ns súa música. Desenvolveu técnicas de composición asistida por ordenador e adquiriu fluidez no traballo con cinta e electrónica en vivo. NoaNoa está escrita para  frauta, instrumento moi utilizado pola compositora na súa obra, e son electrónicos elaborados no IRCAM.

Isabel Mundry, compositora alemá nacida en 1963 en Schlüchtern, estudou composición e música electrónica en Berlín. Ampliou estudos con Hans Zender e fixo investigacións no IRCAM. Realiza labores pedagóxicas en Berlín, Zurich e Frankfurt. Característico da súa música é o uso que fai de recursos tímbricos instrumentais non convencionais, tal como se poderá escoitar nesta obra instrumentada para clarinete, violín, violoncello e piano.

Grloria Rodríguez Gil, compositora viguesa nacida en 1972, estudou composición con Joam Trillo, Albert Sardá e José Luis Delás. Ten estreadas 23 obras, moitas delas gravadas en CD e na radio. Ten recibido o galardón IBLA Grand Prize de New York. Artista polifacética, ademais da composición organiza numerosas actividades de divulgación, concertos pedagóxicos e escribe música para cine. Neste serán o TAC estrea unha obra para tenor e grupo instrumental, escrita pola compositora para esta ocasión.

A bercelonesa Raquel García Tomás (1984), formouse na ESMUC (Escola Superior de Música de Catalunya) con Agustín Charles e está a continuar a súa formación nun programa de doutoramento no Royal College of Music de Londres. Xa recibiu encargos de grupos tan importantes como o Plural Ensemble ou BCN 216 e a súa música foi xa interpretada en moitos países europeos. En 2012 estreou a súa primeira ópera LSP 3.1 (La Serva Padrona Riffata) e o seu catálogo inclúe obras con electrónica e jazz. O TAC ofrece a estrea dunha obra desta compositora.

◀︎◀︎