Xornadas de Música Contemporánea 2017

Venres 10 novembro 2017

Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) Xornadas de Música Contemporánea 2017

20:30 Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) Rúa Valle Inclán s/n

Santiago de Compostela

 Acceso libre até completar o aforo.


Diego García Rodríguez, director

Laura Iturralde, vídeo creación

 

Álvaro Quintanilla, violonchelo solista 

Luis Soto, frauta solista

Ioanna Ciobotaru, viola

Saúl Canosa, clarinete

Nicasio Gradaille, piano

José Vicente Faus, percusión

 

Anatomías musicais.

Fernando Buide Del Real - Inger mi calices* (2017) para frauta travesa e ensemble.

 

P. Maxwell Davies - Vesalii Icons (1969). Primeira vez en España.

 

* Estrea absoluta. Encargo do TAC

 

O TAC presenta Inger mi calices escrita por encargo para esta ocasión por un dos compositores nacionais de máis grande proxección internacional, Fernando Buide. Esta obra preséntase como unha sorte de peza concertante para frauta solista e pequeno grupo instrumental. Utiliza a mesma formación instrumental que a segunda peza do programa: viola, violonchelo, frauta, clarinete, piano e percusión.

A obra Vesalii Icons está inspirada nos debuxos que Vasilius fixo no século XVI para estudiar a anatomía humana.

Debuxos que ao compositor lle suxiren posturas corporais de Cristo durante o Via Crucis. O TAC conta para a interpretación desta obra coa colaboración da nova vídeo creadora galega Laura Iturralde.


tac17cartaz1

 



tac17cartaz2