Thomas Piel - Profesor de Violoncello 


Nacido en Colonia (Alemania) en 1974, comeza os seus estudios musicais ós 6 anos no conservatorio da súa cidade natal (Rheinische Musikschule) onde ademáis de clases de violoncello coa profesora Susanne Bohn-Schulze, recibe clases de piano. En 1994 obten o primeiro premio na competición nacional da República Federal de Alemania “A Xuventude fai Música” na disciplina de Música de Cámara. En 1995 continúa os seus estudios de violoncello no Conservatorio Superior de Música de Essen (Folkwang-Musikhochschule) co profesor Christoph Richter obtendo o seu título profesional coas máximas calificacións.

Entre os anos 1995 a 2000 perfecciona os seus estudios en varios cursos cos profesores Gerhard Mantel, Siegfried Palm, Thomas Demenga, Ksenia Jankovic, Marcio Carneiro, Yvan Chiffoleau e Mstislav Rostropowitsch. Simultaneamente estudia música de cámara e realiza cursos de especialización cos profesores Andreas Reiner, Diemuth Poppen, Denes Zsigmondy, Vassily Lobanov e Dimitry Ferschman. A súa experiencia en orquestas é moi amplia.

Foi membro da Orquesta da Xuventude de Colonia (1990-94); da Orquesta Xuvenil de Nordrhein Westfalen (1993-94); da Orquesta Sinfónica do Exército da Rep. Federal Alemana; da Orquesta do Conservatorio Superior de Essen e da Orquesta de Cámara de Gütersloh, onde foi solista de violoncello (1995-2001). Participou tamén no Ensemble Resonanz, orquesta de Cámara da Filarmonía Xoven Alemana, dando numerosos concertos con directores e solistas de reputación internacional (1997-2000) e foi membro, no ano 2000, da Academia de Verán da Radio de Bavaria dirixida por Mstislav Rostropowitsch. 

Así mesmo, é cofundador e membro do Ensemble eMex, agrupación de cámara de música contemporánea.  Desde 2001 é violoncelista na Real Filarmonía de Galicia en Santiago de Compostela.

© 2023 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados